Tolo do Xisto
By Andrea Obenza
& Coca i Fitó

Tolo do Xisto é a declaración de intencións da enóloga Andrea Obenza e Coca i Fitó, que en 2013 decidimos reflexar a coraxe, a dedicación e, sobre todo, a paixón por cultivar viñas nunha terra tan difícil pero incrible e gratificante como a Ribeira Sacra a través de viños elegantes, frescos e minerais.

Tolo do Xisto é unha homenaxe ás paisaxes do Atlántico, á persistencia dos viticultores e á beleza salvaxe da Ribeira Sacra.

A RIBEIRA SACRA
Os Canóns do Río Sil

As impresionantes paisaxes e as escarpadas terrazas da Ribeira Sacra ábrense paso entre os ríos Miño e Sil, no corazón de Galicia.
No tramo final do río Sil, entre os 200 e os 500 metros de altura, as gargantas, as paredes de roca e as pendentes de viñedo verticais, traballadas desde hai milenios, elévanse sobre as augas sinuosas do río. Este é un dos paraxes máis máxicos e aparentemente inhóspitos de Galicia, os Canóns do Río Sil. Estas condicións xeográficas tan particulares plantexan unha viticultura desafiante, case imposible, que só os verdadeiros amantes da viña están dispostos a afrontar.

O ATLÁNTICO
Influencia oceánica

Apreciar plenamente a singularidade dos Canóns do Sil implica comprender como as oscilacións climáticas inflúen neste paraxe. O predominio dun clima atlántico continental, sobre todo nas zonas máis sombrizas, contraponse co microclima das ladeiras soleadas, con influencias moito máis mediterráneas.

A VAL DO FRADE
A esencia mineral do xisto

O elemento identitario de Tolo do Xisto e fío conductor dos nosos viños é o xisto, a lousa, que conforma, xunto co granito e o cuarzo, os solos pouco profundos das terrazas da Val do Frade, no municipio de Vilachá de Salvadur, dentro dos Canóns do Sil. O carácter mineral dos solos de xisto transmite concentración e unha mineralidade e profundidade moi características aos nosos viños.

100% MENCÍA
Uva ancestral

No medio do impoñente escenario da Val do Frade, a mencía revélase como a variedade raíña da rexión. Nas mans de Andrea Obenza e Toni Coca, esta uva non só se adapta perfectamente ás difíciles condicións do lugar onde nace, senón que sobresae en expresar de forma auténtica o terroir de lousa das terrazas que se alzan xunto ao río.

A VIÑA
Viticultura vertical

Traballamos tres hectáreas de terrazas soleadas de cepas de máis de 50 anos entre os 300 e os 600 metros de altitude sobre o nivel do mar. Practicamos unha viticultura respectuosa e sostible, empregando técnicas manuais e de confusión sexual para protexer a cepa. Os Conventos é a nosa parcela máis antiga e, tamén, a máis apreciada. As cepas vellas repousan sobre solos rochosos, con moi pouca presenza de materia orgánica e pouco produtivos, que fan que só poidan vendimarse en colleitas excepcionais.

L'Equip